O Club Furaventos de O Porriño organiza esta fin de semana, 26 e 27 de agosto, dende as 10 da mañá, o Open Nacional F3Q Acro, de acrobacia con grandes veleiros e o encontro de pilotos de Aeromodelismo, que se disputará na Pista de Aeromodelismo de Pontellas.
Nos primeiros sete meses deste ano durmiron no albergue do Porriño 3.154 peregrinos, 464 máis que nos mesmos meses de 2016, o que sinala un incremento do 17,2% en relación cos 2.695 que estiveran ata xullo do ano pasado.
A Asociación de Veciños de San Benito e San Sebastián, coa colaboración do Concello do Porriño, organiza os días 25, venres, 26, sábado, e domingo 27 de agosto, as Festas en honra de San Sebastián.
A Corporación Municipal do Porriño invita ás veciñas e veciños a participar este venres, día 18 de agosto, ás 12:00 h. nunha concentración, diante do Concello, na Praza do Arquitecto Antonio Palacios, para amosar o seu rexeitamento do terrorismo e dar o seu apoio ás vítimas dos atentados de Barcelona e Cambrils, as súas familias e a todo o pobo de Cataluña.
A concelleira de Benestar, Soledad Girón, pechou, coa entrega de diplomas ás cativas e cativos participantes, os Campamentos de Verán do Porriño, que o Concello organizara dende o pasado 3 de xullo, coa colaboración da Deputación de Pontevedra.
A Concellería de Limpeza, que dirixe Orlando Márquez, ven de iniciar a colocación das novas papeleiras en distintas partes do casco urbano do Porriño no que é o inicio dun proceso que abranguera todas as parroquias e que seguirá nas vindeiras semanas.