foto-pleno.jpg
Este xoves, día 15, ás 6 da tarde, Pleno Extraordinario do Concello para a Aprobación dos Orzamentos
Este xoves, día 15 ás 6 da tarde, o Pleno do Concello debatirá, nunha xuntanza extraordinaria, a Aprobación Inicial do Orzamento Municipal para 2018.
PROGRAMA_ENTROIDO_PAGINADO-01.jpg
Suspendidas as actividades do Entroido previstas para este martes, día 13, por mor do mal tempo
O Goberno local vén de acordar a suspensión de todas as actividades do Entroido do Porriño previstas para este martes, día 13 de febreiro, por mor das malas condicións meteorolóxicas.
Acordo.jpg
Eva García de la Torre e Pedro Ocampo, voceiro do Grupo Municipal de EU-SON, asinan un acordo para aprobar os orzamentos municipais de 2018
A alcaldesa maniféstase “especialmente satisfeita” polo acordo asinado o sábado, día 10, con Pedro Ocampo, voceiro do Grupo Municipal de EU-SON no Concello do Porriño para a aprobación dos orzamentos municipais para o ano 2018.
Cantera-Blokdegal-1024x698.jpg
Estudantes franceses de entre 14 e 17 anos, empezan este domingo unha visita de 6 días a O Porriño
Imaxe:Arquivo/Dende este domingo, día 11 de febreiro, e ata o vindeiro día 17, un grupo de estudantes franceses estarán no Porriño nun programa de intercambio impulsado pola Concellería de Educación, que dirixe Lourdes Moure.
11701086_833631610054485_55252765490737459_n.jpg
Este venres, empeza o 'Entroido do Porriño 2018' co concerto do Grupo América
Este venres, día 9, da comezo o Entroido do Porriño 2018 co concerto, ás 8 e media da tarde, na Praza de Antonio Palacios, do Grupo América.
Prohibido.jpg
Cortes de tráfico e prohibicións de estacionamento polo Entroido
A Policía Local informa de que co gallo da celebración do Entroido, non se poderá estacionar na rúa Donantes de Sangue, a partir das 3 da tarde do sábado 10, dende a entrada á piscina ata Antonio Palacios. Esta rúa estará cortada ao tráfico dende as 5 ás 6 da tarde, coincidindo co desfile das comparsas.
DSC6456.jpg
Tony Lomba convídate ao Entroido do Porriño
Tony Lomba será o encargado de dar o pregón do Entroido do Porriño o vindeiro sábado, día 10 de febreiro, á 1 da tarde na Praza do Arquitecto Antonio Palacios.
d2190fc4-dac3-48e1-8fbd-03b9705dc2e9.jpg
@festivaldecans impulsa un concurso de 'booktrailers e booktubers'
O Festival de Cans, que terá lugar entre o 23 e 26 de maio-e que este ano recibirá o meirande apoio do Concello na súa historia, impulsará nesta XV edición un ‘concurso de booktrailers e booktubers’, que terá como obxectivo estimular a lectura en galego e a creación audiovisual entre persoas de todas as idades, pero sobre todo entre as máis novas e os máis novos. Estas pequenas pezas creativas, que consisten en resumir en poucos minutos de imaxes o contido dun libro, están a medrar cada vez máis na rede, ata o punto de que comeza a haber concursos específicos en festivais,adicados a esta modalidade.
Calistenia1.jpg
O concelleiro de Deportes, Manuel Carrera, visita o novo circuito de Calistenia e Street Workout que funciona xa no Porriño
O concelleiro de Deportes, Manuel Carrera, fixo unha visita ao novo circuíto de Calistenia e Street Workout que funciona xa no Porriño e que permitirá a aquelas persoas que o desexen, en xeral, e en especial os practicantes destes destas disciplinas, poder exercitarse neste ‘perímetro’, especialmente deseñado e pensado para estas modalidades.
Reparación.jpg
Cortes de electricidade, para realizar traballos de mantemento e mellora da rede, o domingo día 11, en A Rocha, O Covelo, A Guía e Cavadas, na parroquia de Atios
O Concello informa de que, coa finalidade de realizar traballos de mantemento e mellora da rede eléctrica, precisos para atender as necesidades do subministro da zona, o vindeiro domingo, día 11 de febreiro, entre as 7 e media e as 11 da mañá, Fenosa deixará fora de servizo varias instalacións, o cal pode causar cortes de luz nesas horas.
Feafes-Galicia.jpg
Saúde Mental Feafes, colaborador do Servizo Público de Emprego de Galicia, desprazarase a O Porriño para prestar os seus servizos
Saúde Mental Feafes Galicia, prestará o seus servizos no despacho que vén de poñer á súa disposición,  no Multiusos de Torneiros, a Concellería de Emprego, Igualdade e Servizos Sociais, que dirixe Soledad Girón.