O Círculo Recreativo e Cultural do Porriño será o escenario do ‘6º Festival de Bandas de Música de Escolas’, que terá lugar o vindeiro sábado, día 9 de xuño, ás 8 e media da tarde.
O CD Choco e C.F. Agrupación Estudiantil disputan este sábado, día 9 de xuño, ás 5 da tarde, no Lourambal, a Final Masculina da XI Copa Deputación de Fútbol. Á final está prevista a asistencia da presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva.
Os programas ‘Porriño Accede’ e ‘Plan de Emprego para Mulleres (PIEM)’, postos en marcha pola Concellería de Emprego. Servizos Sociais e Igualdade, que dirixe Soledad Girón, conqueriron que un total de 125 porriñesas e porriñeses estean xa traballando.
A Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático do Goberno de Galicia, xunto co Concello do Porriño presentarán a candidatura ao proxecto ‘LIFE- Phytomanagement of peri-urban soils contaminated by lindane residues’ (‘Fitomanexo de chans periurbanos contaminados con residuos de lindano’), da Unión Europea.
A décima edición Torneo IV Nacións feminino celebrarase a vindeira fin de semana, días 9 e 10 de xuño, no Pavillón Municipal de Deportes do Porriño coa participación de Cataluña, Euskadi, Galicia e Guinea. Ademais, o venres, día 8, ás 8 da tarde, celebrarase un partido amigable, tamén no Porriño, contra a selección de Guinea.
Dende este venres día 8 de xuño, e dentro do ‘Circuíto Galego de Teatro Amador 2018’, da Federación Galega de Teatro Afeccionado (FEGATEA), o Centro Cultural Municipal do Porriño acollerá cinco representacións ao logo de todo este mes, con entrada de balde ata completar aforo.
Por segundo mes consecutivo, O Porriño liderou, xunto con Vigo, a creación de emprego na Área Metropolitana. A finais do mes pasado había na vila 1.496 persoas sen traballo,104 menos que a 30 de abril, no que se rexistraron 1.600.
O Campo do Porriño Industrial, Lourambal, será o lugar elixido pola Federación Galega de Fútbol para o desenrolo do 3ºCurso de Monitor de Fútbol Base, que empezará o vindeiro día 18 de xuño, e que cunha duración de 65 horas habilitará aos asistentes para adestrar nas categorías inferiores.
As porriñesas e porriñeses están convocados este venres, día 1 de xuño, ás 8 da tarde, a unha manifestación que baixo o lema ‘Non ao tren polo centro do Porriño’ esixirá ao Goberno do Estado a eliminación do actual paso a nivel e o desvío das vías que atravesan o casco urbano.
A campaña de loita contra a ‘Vespa Velutina’, que empezara a mediados do mes de febreiro, e que consistirá en repartir 500 trampas -300 máis que o ano pasado- e 175 litros de líquido atraínte deste insecto, en todas as parroquias do Porriño, deu coma resultado a eliminación de máis de 25.000 exemplares de raíñas.
A 15ª edición do Festival de Cans , que contou coa meirande achega do Concello do Porriño na historia do certame, congregou ao longo dos seus catro días de duración a unhas 12.000 persoas que esgotaron todas as sesións con entradas á venda, ben anticipadamente ou durante a celebración do evento. “Sigue quedando patente deste xeito a existencia dun público fiel, tanto local como foráneo, moi diverso e interxeracional”, indican dende a organización.
A concelleira de Comercio, Formación e Emprego de Salceda de Caselas, Loli Castiñeira, e a responsable da área de Benestar , Emprego e Igualdade do Porriño, Soledad Girón, presentaron este luns a ‘II Andaina dos Sentidos’, que será o vindeiro domingo, día 10 de xuño.