Decreto da Alcaldía coas medidas implementadas en prevención do coronavirus

Un decreto da Alcaldía do Porriño da conta do paquete de medidas implementadas polo Concello en aplicación das recomendacións para previr a expansión do coronavirus "Covid-19", segundo as indicacións das administraciones competentes.

O decreto, firmado polo alcalde accidental, Pedro Pereira Fernández, recolle o peche de instalacións municipais, a suspensión de diferentes servizos e habilita opcións como o teletraballo para garantir a seguridade de funcionarios municipais e dos veciños que teñan que facer xestións ante o Concello.