molino-4.jpg
Muiños no Porriño
O Porriño conta en todas as súas parroquias con numerosos muíños de auga, edificacións discretas situadas no curso de ríos, regatos e regos e que son unha parte fundamental do noso patrimonio etnográfico e histórico.
smartpeme.png
Obradoiro 'Xestiona o teu negocio dende o móbil'
Este luns, día 27 de marzo no Punto SmartPeme do Porriño, o obradoiro 'Xestiona o teu negocio dende o móbil'
pies.jpg
Adxudicadas as obras para a execución dunha senda peonil
Adxudicadas as obras para a execución dunha senda peonil na estrada PO-331, ppolos concellos do Porriño e Mos
Muíños de Mosende.png
Sendeiro dos muiños
O sendeiro dos Muíños, de dificultade media – baixa, ten 8 quilómetros de lonxitude e transcorre por zonas de elevado interese natural e etnográfico. O percorrido realízase case na súa totalidade por pistas de terra en bo estado.
insuas2.jpg
Sendeiro das Insuas
Este sendeiro, de 9 quilómetros de percorrido e dificultade media, transcorre pola parroquia de Atios, con fermosas vistas sobre o val da Louriña. É un sendeiro circular que parte e remata no merendeiro da Veiguiña. Dende alí descendemos ata o lugar das lnsuas. Máis adiante atoparémonos coas características formacións de penedos. A través de camiños nos que poderemos observar a flora autóctona, pasamos pola zona do Roupeiro e chegamos a un miradoiro dende o que podemos gozar da grandiosidade do Faro de Budiño e das vistas sobre o val. O camiño segue ata a zona de recreo Chan das lnsuas para rematar de novo na Veiguiña.
lou2.jpg
Ribeira do Louro - Gándaras de Budiño
Dentro da Rede Natura 8 km. Dificultade baixa, para realizar a pé ou en bicicleta. Inicio e remate no observatorio ornitolóxico das Gándaras.
bt2015.jpg
XVI Marcha BTT Faro de Budiño
300 participantes tomarán a saída na XVI Marcha BTT Faro de Budiño, na que colabora a Concellería de Deportes
lucy1.jpg
Lucy's Tire, establecese no Porriño
Lucy's Tire, que ven de establecer no Porriño o seu centro principal para España, amosa o seu interese no Plan de Formacion Laboral do Concello, durante a visita á mesma da alcaldesa e do concelleiro de Industria
greas1.jpg
Sendeiro Das Greas
O sendeiro das Greas GR-58 é un sendeiro de longo percorrido que discorre polas terras da área metropolitana de Vigo, cun percorrido de máis de 200 quilómetros, dos cales arredor de 22 transcorren no concello do Porriño. O percorrido polo val da Louriña, de dificultade media-baixa enmárcase entre dous puntos de gran forza paisaxística, o Faro de Budiño e o Galiñeiro.
hora_planeta.jpg
O Concello do Porriño secundará a 'Hora do Planeta'
O Concello do Porriño secundará o sábado, día 25, a 'Hora do Planeta', e invita a todas as veciñas e veciños a apagar as luces unha hora para sumarse á loita contra o cambio climático
leader2014.jpg
A alcaldesa do Porriño participa na xuntanza LEADER 2014-2020
A alcaldesa do Porriño participa na xuntanza dos máximos responsábeis locais para coñecer as axudas LEADER 2014-2020 que priorizan a creación de riqueza, emprego e mellora da competitividade
alcaldesa1.jpg
A Alcaldesa "desgustada" pola retirada da axuda o Festival de Cans
A alcaldesa do Porriño amosa o seu "desgusto" pola decisión da Xunta de retirar a axuda ao Festival de Cans e pedirá ao Pleno do Concello que se faga a meirande achega ao festival nos 14 anos de historia do mesmo