A empresa ‘Teimas Desenvolvemento’, en colaboración coa Concellería de Limpeza do Porriño, que dirixe Orlando Márquez, veñen de poñer en marcha o proxecto ‘Tropa Verde’ que ten coma finalidade concienciar ás veciñas e veciños do Porriño da importancia da reciclaxe e da correcta xestión dos residuos.
A Concellería de Vías e Obras ven de rematar a colocación da marquesiña na parada de autobús de O Cerquido, preto da conexión coa A-55, que era, como subliña o concelleiro Manuel Carrera, unha vella demanda dos veciños da parroquia de Budiño.
O Goberno local amosa o seu apoio “total e incondicional” ao Club Balonmano Porriño que este sábado, nun emocionantísimo encontro, no que as xogadoras puxeron todo sobre a pista, caeu contra o Helvetia Alcobendas.
O vindeiro domingo, 30 de abril, en Mosende, VI Xuntanza Cabalar, organizada pola Comisión de Festas da Costeira coa colaboración do Concello do Porriño