O Concello do Porriño conta xa, nun tempo “récord”, cun proxecto, elaborado polo Consorcio de Augas do Louro, que recolle a conexión á Rede de Abastecemento Municipal, das casas do Contrasto, na parroquia de Torneiros, afectadas pola contaminación por lindano.
A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica, Rede CeMIT, do concello do Porriño, emite a través de videoconferencia a charla “ Dalle luz a túa factura”, impartida pola “Escola Galega de Consumo”
O centro de día de maiores do Porriño, pertencente a rede de centros de maiores da Xunta de Galicia, celebra unha xornada de portas abertas, á cal convida a participar a todas as veciñas e veciños.
Este martes, día 28 de novembro o Concello do Porriño celebra ás 12:00h. o seu Pleno Infantil no que estarán presentes alumnas e alumnos de centros educativos da vila que exporán os seus proxectos, ideas e propostas no mesmo, coincindindo coa celebración do Día dos Dereitos da Infancia, impulsado por UNICEF.
51.430€. Ese será o aforro anual en subministro de electricidade que acadarán as veciñas e veciños logo da substitución das instalacións de alumeado nos polígonos industriais do Porriño levada a cabo polo Goberno local a través da Concellería de Vías e Obras, que dirixe Manuel Carrera.
O Concello do Porriño, a través da Concellería de Igualdade continúa a mesma liña de actuación que en anos pasados, e “para facilitar a conciliación da vida laboral e familiar das veciñas e veciños”, organiza, de novo, o ‘Campamento de Nadal’, cofinanciado pola Deputación de Pontevedra.
Tal e como se comprometera a alcaldesa, Eva García de la Torre, o pasado día 17, durante a xuntanza que mantivera no salón de Plenos do Concello con veciñas e veciños do Contrasto, xunto con técnicos da Xunta de Galicia, xa están instalados os depósitos de auga a aquelas familias que non teñen mais subministro de auga que o procedente dos seus pozos.
Este sábado, día 25 de novembro, terá lugar, as 6 e media da tarde na Praza de Antonio Palacios, o Acto en Memoria das Vítimas da Violencia de Xénero co que o pobo de Porriño quere render homenaxe a todas as mulleres, nenos e nenas asasinadas polo machismo criminal.
Este sábado, día 25 terá lugar, as 6 e media da tarde na Praza de Antonio Palacios, o Acto en Memoria das Vítimas da Violencia de Xénero co que o pobo de Porriño quere render homenaxe a todas as mulleres, nenos e nenas asasinadas polo machismo criminal.
A “Mulleres de Cine”, un ciclo que terá coma ‘platea’ o Centro Cultural Municipal e o Círculo Recreativo e Cultural, inclúe a proxección de tres películas e un posterior coloquio dirixido por mulleres do mundo do audiovisual e especialistas en xénero, e un concurso de tweets contra a Violencia de Xénero , son dúas das actividades que abrangue a programación da Concellería de Igualdade, que dirixe Soledad Girón, para conmemorar o ‘Día Internacional contra a Violencia de Xénero’.