O Concello de Porriño e Afundación, Obra Social de ABanca, firmarán mañán venres un convenio para traer a nosa vila a exposición fotográfica “Unha mirada de antano” de Ruth Matilda Anderson. As imaxes proceden do arquivo da institución “The Hispanic Society of America”, con sede en Nova Iorque, galardoada en 2017 co Premio Princesa de Asturias.
O Concello de Porriño renovou a súa achega económica que se mantén en 20.000 euros para a XVI edición do Festival de Curtametraxes de Cans que terá lugar do 22 ó 25 de maio.Eva García de la Torre, alcaldesa de Porriño e “Keka” Iglesias, presidenta da Asociación Cultural Arela, organizadora do certame, xa suscribiron o correspondente convenio de colaboración que garante a aportación económica do Concello.A cantidade que fora incrementada en 2018 polo goberno municipal que preside Eva García supón reeditar a maior achega económica do Concello ó longo da historia do Festival de Cans. “Ese esforzo xustifícase pola maior importancia que cobra cada ano o Festival que pón O Porriño no mapa cultural de Galicia e de España”, valorou a alcaldesa.No texto do convenio suscrito entre Concello e maila Asociación Arela suliñase que o Festival de Cans “é un dos acontecementos de maior popularidade e, sen dúbida, o que maior impacto mediático acada de xeito que promociona Porriño a nivel galego, estatal e incluso internacional”.O apoio do Concello de Porriño ó Festival de Cans non se reduce á achega económica senon que tamén é loxístico xa que diversas concellerías cooperan para resolver cuestions de Seguridade, Tráfico, Limpeza, Vías e Obras que contribuen á realización do evento.
Soledad Girón, concelleira do equipo de goberno, responsable de Servizos Sociais entregará este serán os diplomas acreditativos ós quince participantes no curso “Coas as mans na masa” que conclue hoxe na Escola-Obradoiro do Multicentro Municipal de Torneiros. Tratouse dun cursiño para elaboración artesanal de conservas ó abeiro dos itinerarios formativos que desenrola “Escola Eu Rural” que depende da Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste. Esta entidade é responsable da execución das accións formativas no territorio do Grupo de Densenrolo Rural que abrangue a Porriño e unha duzia de concellos máis do Baixo Miño, Louriña, Condado e Val Miñor.
O Concello de Porriño, a través da Escola Municipal de Música, organiza, coa colaboración da Deputación Provincial, a quinta edición do “Festival de Coros” que se celebrará mañán xoves no Círculo Recreativo e Cultural da vila.
Lourdes Moure, concelleira de Educación e Fazenda visitou e comprobou o resultado das obras de reposición do falso teito nas aulas de Infantil e arranxo dos baños no CEIP Fernández López que acometera o Concello de Porriño. A execución desta obra era unha demanda da comunidade educativa de este colexio que non fora atendida pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia.“Despois de terse reiterado a petición sen acadar resposta afirmativa da administración autonómica, finalmente o Concello de Porriño decidiu asumir a súa execución con cargo ó orzamento do plan de obras que están a realizarse ata o final do presente mandato”, sinalou Lourdes Moure.De feito a ANPA A Oliveira dese centro de ensino agradeceu no seu Facebook a colaboración prestada polo Concello de Porriño.
O Concello de Porriño, a través da Concellería de Deportes e coa colaboración do Concello de Tui, pon en marcha a vindeira edición do Triatlón Concello de Porriño que terá lugar, dentro de dous meses, o sábado 8 de xuño.
Lourdes Moure, concelleira de Educación inaugurou esta tarde o curso formativo que se impartirá ata o mércores na Escola-Obradoiro de Torneiros dentro do ciclo "Coas mans na masa".
O Concello de Porriño colabora coa Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica do Baixo Mino, Louriña e Salceda que ó longo destes días está a desenrolar a II Semana da Memoria. Os actos comezaron o sábado 6 cunha charla no Centro de Guláns, en Tomiño, continuarán hoxe en A Guarda e chegarán mañán martes a Porriño. No Centro Cultural Municipal, a partir das 19,30 horas, o profesor Xosé Alvarez falará do “Ensino na II República”. O relator será presentado por Raúl Francés.
Ante a reiteración de lumes nas instalacions da empresa “Xesnatura” nas súas naves en chan industrial de Porriño, a alcaldesa Eva García vén de anunciar esta mañán “a apertura dun expediente informativo”. “Queremos saber as circunstancias deste último incidente de anoite e dentro do ámbito das nosas competencias, o Concello actuará”, dixo a alcaldesa.
O comité de personal e traballadores de “Levantina” acudiron este serán ó Concello de Porriño para expoñer a súa preocupación polo inminente ERE que a empresa granitera quere aplicar e solicitar a intercesión da alcaldesa. Eva García, quen abriu as portas do salón de sesions para celebrar a reunión e acoller a todolos asistentes, comprometeuse con eles a facer chegar á dirección da empresa “a preocupación do Concello polo impacto negativo que tería ese ERE para 33 familias de Porriño”.