David Alonso, concelleiro de Emprego, asistiu en representación do goberno municipal ó Rastrillo Solidario da AECC do Porriño celebrado durante a fin de semana.
Mañá martes comezarán a traballar os voluntari@s inscritos para seleccionar e embalar os alimentos non perecedoiros recollidos durante a campaña #GivingTuesday (Martes para Dar), na que o Concello do Porriño implicouse conforme o acordo que acadou o pleno infantil celebrado o pasado 15 de novembro.
Eva García de la Torre coñeceu hoxe a sentenza que a absolve por segunda vez dun suposto delito de falsificación de documentos públicos no eido da súa profesión como abogada, en todo caso anterior a súa etapa actual como alcaldesa de O Porriño.
O departamento de Cultura do Concello de O Porriño informa que decidiuse a cancelación das catro actuacións que a rondallla de Pontellas ía ofrecer esta tarde. Unha decisión motivada polas condicións meteorolóxicas.
A corporación local de Porriño celebrará dous plenos antes que remate o ano, un deles de carácter extraordinario, ademáis da sesión ordinaria mensual. O pleno extra terá lugar o mércores 18 (excepcionalmente en horario de tarde) e a sesión ordinaria pasará ó xoves 26, debido a festividade de Nadal.
A Xunta de Voceiros Municipais do Concello de O Porriño, dando cumprimento a un acordo unánime acadado na última sesión plenaria, determinou onte a composición que terá a Comisión de Seguimento da Descontaminación do Lindano.
Eva García, alcaldesa de O Porriño asistiu este mediodía ó inicio dos traballos de reforestación do espazo que ocupara a antiga “Canteira Ferro”, pertenecente a “Porriñesa de Canteiras S.A.” (POCASA).
Francisco Jiménez Gabarres foi o encargado de falar hoxe como voceiro do Consello de Participación Infantil de O Porriño durante as III Xornadas Formativas das Cidades Amigas da Infancia en Galicia que se celebra en Boqueixon.Francisco, máis coñecido como Curro, é alumno do CPI da Ribeira e falou esta mañá sobre a pobreza.
Hoxe martes terá lugar en Chenlo, no local social da AAVV, a partires das 17 horas.Onte foi a quenda da AAVV de San Sebastián e San Benito.En vindeiros días terán lugar nas sedes das Asociacións de Veciños de Cans, Budiño e Pontellas,
Alumn@s de centros escolares de O Porriño participarán mañán mércores en Boqueixón, nas III Xornadas Formativas das Cidades Amigas da Infancia en Galicia.A comitiva de nen@s de O Porriño acudirá acompañados de Noelia de la Fuente, responsable da OMIX do Concello.
“Porriñesa de Canteiras S.A.” (POCASA) realizará o vindeiro mércores 11 o acto final da restauración do terreo da “Canteira Ferro” despois de 6 anos de traballos para a súa rehabilitación e devolución ó Concello de O Porriño. A alcaldesa, Eva García de la Torre asistirá ó acto.O terreo, como pode observarse nas fotografías, xa está preparado para acoller a prantación dun milleiro de piñeiros que terá lugar ese día. Alumnos dos centros de educación “Aceesca”, de O Porriño, e “Juan María”, de Nigrán serán os encargados de facer a prantación das árbores.Segundo informa Jorge Massó, responsable da firma “POCASA”, necesitaronse medio millón de metros cúbicos de materiais para o recheo da vella explotación de granito “Rosa Porriño”. De feito “POCASA” foi “a primeira entidade en presentar un proxecto de rehabilitación ó abeiro do Real Decreto 975. Deste xeito liberase unha parcela de 3 hectáreas que deixa de ser mineira e devolvese ó Concello do Porriño, unha vez rehabilitada”, explicou o responsable da firma graniteira.No acto do mércores, previsto a partires das 10,30 da mañán, tamén asistirá Juan Gónzalez, alcalde de Nigrán (pola súa relación co centro “Juan María”) e por suposto unha representación da Dirección Xeral de Minas.