PHOTO-2020-06-05-13-42-06.jpg
A Concellería de Medio Ambiente acondiciona a zona de ocio do río Louro, á altura do Albergue
Un equipo de xardineiros está a acondicionar a zona urbana do río Louro, preto do Albergue de Peregrinos, segundo pódese comprobar nas imaxes adxuntas.
Centro_civico.jpg
Apertura da primera Sala de Estudo do Concello do Porriño
O vindeiro martes 9, o Concello abrirá a primeira Sala de Estudo Municipal, nas instalacións do Centro Cívico, na rúa Domingo Bueno,. nº 13. Trátase dunha iniciativa da Concellería de Cultura que dirixe Cami Moreira.
Concello-do-Porriño-con-banderas-a-media-asta-por-víctimas-Covid-19.jpg
Desconvocado o pleno para sorteo das mesas electorais
O pleno extraordinario da Corporación Municipal que se ía celebrar este mediodía para realizar o sorteo de membros das mesas electorais, desconvocouse. O alcalde accidental, Pedro Pereira comunicoulle a decisión aos voceiros dos grupos municipais. O motivo foi un erro na interpretación do calendario fixado pola Xunta Electoral para os comicios galegos do 12 de xullo. Ese pleno municipal para realizar o sorteo das mesas electorais, volverá a convocarse en vindeiras datas, a partir do día 15 de xuño.
Casa-del-Concello-de-O-Porriño.jpg
O Concello licita contratos por 3,8 millóns de € que axudarán a dinamizar a economía local
O Concello do Porriño ten actualmente en curso a licitación de máis dunha ducia de contratos que suporán un importe de preto de 3.800.000 euros que axudarán a dinamizar a economía local.
Recreacion-Rua-Aloques-2.png
Sae a licitación o proxecto de humanización da rúa Aloques co cargo o Plan Concellos 2020
O Concello do Porriño ven de sacar a licitación pública a humanización da rúa Aloques, cun orzamento de 422.636 €, que se financiarán con cargo ao Plan Concellos 2020.
papeletas-votaciones-en-Galicia.jpg
O Concello celebrará mañá venres pleno extra para sortear de novo os memrbos das mesas electorais
O Concello do Porriño ven de convocar para mañá venres, ás 13 horas, pleno extraordinario da Corporación Municipal para realizar o sorteo dos veciños que serán membros das mesas electorais para os comicios galegos do vindeiro 12 de xullo.
oral-porriño.jpg
O ORAL abre prazo para personalizar o pago de recibos do IBI, IAE e vehículos
O ORAL, o órgano desconcentrado da Deputación de Pontevedra encargado de colaborar cos concellos (entre eles O Porriño) na xestión, inspección e recadación dos tributos locais, informa que está aberto o prazo para solicitar o que chama “plan personalizado de pagos COVID-19”. O citado prazo permitirá pagar os recibos de IBI, IAE e IVTM (vehículos ou circulación) xuntos ou individualmente ata en 6 meses, tendo en conta as especiais circunstancias que concorren este ano a causa da antedita pandemia. O prazo para solicitudes rematará o 15 de xuño. Pódese presentar a solicitude a través da Oficina Virtual Tributaria do propio ORAL ou en ben en calquera das oficinas presenciais deste órgano con cita previa chamando ao número 886211400. Lembramos que no Porriño, a oficina presencial do ORAL atópase na rúa Pinar, 5 baixo, cun horario de luns a venres, de 9 a 14 horas.
PHOTO-2019-10-17-14-07-59.jpg
Os interesados en adquirir os vehículos retirados do parque móbil municipal, poderán comprobar o seu estado en visita con cita previa
O Concello do Porriño anuncia que as persoas interesadas en adquirir algún dos 26 vehículos do parque móbil municipal que se retiraron no outono pasado, poderán concertar cita previa para comprobar o estado dos mesmos. Os vehículos atópanse no Multiusos de Torneiros, onde poderán ser vistos polos interesados.
Porriño-deporte-na-casa.jpg
A Concellería de Deportes agradece a colaboración dos adestradores dos clubs locais que contribuíron ao serial de vídeos #Porriñodeportenacasa
A Concellería de Deportes quere subliñar o seu agradecemento aos adestradores físicos dos clubs locais que contribuíron cos seus vídeos ao ciclo #Porriñodeportenacasa que emitimos polas redes sociais do Concello durante o estado de alarma.Agora que está a piques de rematar a fase 2 do Plan de Desescalada e xa recuperouse a posibilidade de ir facer deporte, tanto David Alonso, responsable político da Concellería, coma o Servizo de Deportes, queren agradecer a colaboración recibida a esta proposta do Concello que foi moi seguida.O Concello quere amosar o seu recoñecemento pola sobranceira colaboración de Ana Alonso, do Balonmán Porriño; Xoel Souto, da U.D. Atios; Mary Artós e Ana Cristina Oya, do Club Patín Porriño; Pablo Alonso e Iker Besada, do Porriño Baloncesto Base; Pablo Sanromán e Adrián Sanmarcial, do Porriño Industrial, e Dani Mouriño, do Club Atletismo Porriño. Eles fixeron posibles os dez vídeos que ofrecen diversas táboas e rutinas de exercicios de mantemento físico para diversos niveis e idades. Todos os vídeos seguen a estar dispoñibles nas redes sociais do Concello.
Policia-Local-de-Porriño-cartel.jpg
A Policía Local agradece a colaboración cidadá para esclarecer un roubo no interior dun vehículo
Axentes da Policía Local do Porriño coa valiosa colaboración de dous cidadás, precederon á detención dun individuo de 24 anos, como presunto autor dun delito de roubo no interior dun vehículo. Os feitos aconteceron na madrugada do sábado 30. A Policía Local recibiu ás 5,35 horas, unha chamada alertando dun posible roubo no interior dun coche aparcado nunha céntrica rúa. Cando chegou a patrulla comprobou que había un vehículo cunha fiestra rachada e que dous cidadás tiñan retido a un individuo despois de observar o ilícito penal. A identidade do individuo responde ás iniciais M.F.R. Instruíronse dilixencias remitidas xunto co detido ao xulgado de garda do Porriño.A Policía Local do Porriño quere subliñar a colaboración cidadá no esclarecemento deste caso, un presunto delito que pode aparellar unha pena de 1 a 3 anos de cadea.
IMG_20200601_134120.jpg
Re-abriu a Biblioteca Municipal
Dende hoxe luns 1 de xuño, volve abrir as súas portas a Biblioteca Municipal do Porriño, despois de permanecer pechada dende que se declarou o estado de alarma.
logo-biblioteca-web-ecultura.png
Re-apertura da Biblioteca Municipal
Este luns 1 de xuño, volve abrir as súas portas a Biblioteca Municipal do Porriño, despois de permanecer pechada dende que se declarou o estado de alarma. A Biblioteca funcionará de novo en horario matinal, de 10 a 15 horas, de luns a venres.“Abrimos de novo e facémolo con responsabilidade, adoptando as máximas garantías de hixiene e seguridade. É dicir: uso de máscara, xel hidro-alcólico distancia de seguridade de 2 metros, acompañamento dos menores de 14 anos e só servizo de préstamo e devolución de exemplares no mostrador de atención sen que sexa necesaria cita previa”, segundo indicou Cami Moreira, concelleira de Cultura.Engadiu que o persoal da Biblioteca recomenda que para a devolución de libros “non teñades presa, evitar aglomeracións, hai prazo ata o 11 de xuño, e ademais ata mediados de mes aplicaremos unha "amnistía" xeral”, manifestou Cami Moreira. A concelleira agradece a comprensión e paciencia da veciñanza. Quen desexe máis información pode consultar a páxina web da Biblioteca: https://bibliotecadoporrino.com/