A concelleira de Educación, Lourdes Moure participou hoxe na primeira quenda das “IV Xornadas Formativas Cidades Amigas da Infancia” que organiza UNICEF baixo o título “Estratexias para a promoción da participación infantil e adolescente desde o ámbito local”. Estas Xornadas se prolongarán ata mañá mércores e celébranse de xeito telemática.
Este sábado 11, ás 19:00 horas, terá lugar no Centro Cultural Municipal, a presentación do documento sonoro "A memoria recuperada: a guerra e a fame", unha recollida de testemuñas da nosa memoria histórica.
Lourdes Moure, concelleira de Vías e Obras visitou esta mañá o lugar de Serra da Auga, en Carracido, para supervisar o desenvolvemento das obras de mellora dos servizos municipais que se están a executar.
Este xoves 9, a partir das 18 horas, a corporación municipal celebrará un pleno extraordinario. O primeiro punto da orde do día é o coñecemento da dimisión da alcaldesa presentada por Eva García de la Torre, segundo anunciou publicamente en rolda de prensa o pasado 23 de novembro.Ademais, a orde do día da sesión inclúe oito puntos máis.Adxuntamos un documento en "pdf" coa orde do día.
A concelleira de Vías e Obras, Lourdes Moure, acompañada da interventora municipal, Elena Valcárce, verificaron o grao de execución de sete obras realizadas polo Concello do Porriño.
A concelleira de Educación, Lourdes Moure, xunto con alumnos, profesores e coidadores do centro “Aceesca” participaron esta mañá no despregamento da pancarta conmemorativa do Día Internacional das Persoas con Discapacidade.
A Concellería de Infraestruturas que dirixe Pedro Pereira informa do “bo ritmo de execución” das obras do proxecto de saneamento e pavimentación en Arrotea, na parroquia de Pontellas.
A Concellería de Medio Ambiente citou hoxe a unha parte dos solicitantes de composteiros para vivendas unifamiliares que está a entregar o Concello do Porriño.
Jesús González Pexegueiro “Carrola”, técnico responsable do Servizo Municipal de Protección Civil recibiu onte un distintivo de permanencia por superar os 25 anos de servizo público.
Lourdes Moure, concelleira de Seguridade, participou hoxe como unha alumna máis, na primeira quenda dos cursos de defensa persoal feminina que retomou o Concello do Porriño despois da obrigada paralización en 2020, a consecuencia da pandemia.
O Concello de Porriño organiza hoxe, dende a Concellería de Igualdade, coa ocasión do 25 de novembro, Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero, varias actividades baixo o lema “O AMOR NON É VIOLENCIA”.